Colonia
Colonia
Departamento do Uruguay (6.106 km2; 117.380 h [1996]). A capital é Colonia del Sacramento (19.077 h [1985]). É unha rexión moi rica en gandería (porcino, vacún) e cunha agricultura ben desenvolvida, características que a converten na principal zona agrícola de Uruguay, con predominio da pequena propiedade de réxime intensivo. Os principais cultivos son o millo, o xirasol, os cítricos, o orxo cerveceiro e a viña. Destacan as industrias derivadas da gandería (queixo, manteiga, elaboración de la e coiro).