Christlich-Demockratische Union
A Unión Demócrata Cristiá xurdiu en Alemaña nas cidades de Berlín, Colonia e Düsseldorf no ano 1945. Integrada fundamentalmente por católicos e protestantes, gobernou na República Federal de Alemaña coa colaboración da Christlich-Soziale Union bávara desde o ano 1949. Os chanceleres K. Adenauer, L. Erhard e K. G. Kiesinger desenvolveron unha economía social de mercado na que o estado vixiaba as operacións e evitaba a desigualdade. Nas eleccións de 1969 a CDU pasou á oposición, presidida desde 1973 por H. Köhl. O partido chegou novamente ao poder no ano 1982 e gobernou en coalición co Partido Liberal. Reafirmou o seu liderado ao vencer nas primeiras eleccións da Alemaña reunificada no 1990. O chanceler H. Köhl, inspirador da política do partido no proceso de reunificación, permaneceu no poder e á fronte do partido ata 1995.