colorímetro
(
-
s
m
[METROL]
Instrumento que mide a cromaticidade ou a cromaticidade e a luminosidade dunha radiación luminosa, baseado nun dispositivo comparador no que se varían as intensidades de tres radiacións primarias que inciden sobre unha mesma superficie, ata acadar a cor que se está a estudiar. Para realizar esta igualación pódese engadir tamén unha certa radiación primaria á cor problema e chegar así a unhas mesturas das tres primarias que dan a mesma cor. Neste caso, a cor analizada especifícase por tres números proporcionais ás intensidades das tres radiacións primarias.
-
s
m
[METROL]
Absorciómetro de luz visible empregado en colorimetría. Un exemplo é o colorímetro de Duboscq, que permite comparar as intensidades luminosas que atravesan dúas solucións, unha delas de concentración descoñecida.