Cólquida
Cólquida
Antiga rexión de Asia Menor situada no litoral do Mar Negro e ao sur do Cáucaso. Habitada polos carios dende o s X a C, estes explotaron os xacementos de ferro e ouro. As cidades máis destacadas eran a capital Cyta, Rodhopolis e Zadris. A posterior colonización grega estableceu nas súas costas os centros comerciais de Phasis e Dioscuras. Conquistada por Pompeio, pasou a mans dos romanos no 66 a C e recibiu o estatuto de provincia romana do Emperador Traxano. A mitoloxía grega sitúa nesta rexión o episodio do vélaro de ouro.