colúbrido -da

colúbrido -da

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos colúbridos.

  2. s m [ANIMAL]

    Ofidio da familia dos colúbridos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de ofidios, unha das máis numerosas, con cen xéneros e mil especies, típica dos países temperados e cálidos. As súas características diferenciais están no esqueleto, onde falta a cintura pelviana, e os ósos da cara son móbiles. Teñen dentes no padal, pero non son acanalados e aínda que levan veleno, non posúen medios para inoculalo. Presentan unha forma e cor moi variables. A súa medida oscila entre os 3 e os 255 cm e posúen uns costumes moi diferentes: poden ser diúrnos, nocturnos, terrestres ou acuáticos, e viven tanto nas estepas como nas selvas. Capturan todo tipo de presas, gando mediano ou pequeno, e sobre todo animais roedores. Coñécense co nome de cobras.

Palabras veciñas

Coltricia | coltura promiscua* | Coluber | colúbrido -da | colubrina | coludir | Colum, Padraic