combinación
(
-
s
f
Acción e efecto de combinar ou combinarse.
Ex: A combinación de cores do teu vestido gústame moito.
-
s
f
Serie de elementos tomados conxuntamente nun número determinado e que poden dispoñerse de diversas maneiras.
Ex: A combinación gañadora do sorteo estaba errada.
-
s
f
Conxunto único de números, letras ou signos que permite acceder a certos aparatos ou abrir mecanismos de seguridade.
Ex: A combinación da caixa forte estaba gardada no banco.
-
s
f
Peza de vestir interior feminina que cobre desde os ombros ou a cintura ata o bordo da saia.
Ex: Véseche a combinación por debaixo da saia.
Sinónimos: enagua, viso. -
s
f
Coordinación entre distintos medios de transporte.
Ex: Para ir á miña vila teño moi mala combinación de trens.
-
[MAT]
-
s
f
Configuración na que só se ten en conta a distinción entre os elementos agrupados e non a orde na que se toman. Chámase combinación de orde n, formada a partir dun conxunto de m elementos (0?n?m), a calquera dos subconxuntos formados ao considerar n elementos diferentes entre os m que integran o conxunto dado, sen ter en conta a orde; deste xeito considérase que dúas combinacións son diferentes cando algún dos seus elementos é diferente. O número de combinacións de orde n, formadas a partir dun conxunto con m elementos, represéntase mediante a expresión
GRAFICO
onde V n m indica o número de variacións, e P n o de permutacións. Pódese representar a miúdo C n m por -
combinación con repetición
Tipo de combinación na que cada elemento pode repetirse calquera número de veces nunha mesma combinación. O número de combinacións con repetición de orde n, formadas a partir dun conxunto con m elementos, represéntase pola expresión
GRAFICO
-
s
f
-
s
f
[QUÍM]
Reacción química pola que dous ou máis elementos ou moléculas se xuntan para formar un composto único, como, por exemplo, o xofre e o ferro para dar sulfuro de ferro. Cando a combinación non presupón ningún cambio de valencia e é a unión de dous compostos binarios, denomínase tamén adición, como, por exemplo, a reacción HCl+NH 3 →NH 4 Cl.
-
[LING]
-
s
f
Fenómeno de asimilación que consiste en que un son adquire algún trazo articulatorio do son próximo. Así, por exemplo, hai combinación cando o n de dende se fai dental [n±] ou cando o l de alza se fai interdental [l±].
-
s
f
En glosemática, fenómeno que consiste en que dúas unidades compatibles no discurso non presentan ningún tipo de dependencia recíproca. Así, por exemplo, existe combinación en galego entre aínda que e indicativo, e aínda que e subxuntivo, ao ser posible as dúas combinacións pero non necesaria.
-
combinación fonemática
Secuencia regular de fonemas, produto da distribución destes. A sílaba é a combinación fonemática máis elemental.
-
s
f
-
s
f
[HERÁLD]
Unión de dúas ou máis pezas para formar unha figura diferente ou composta, como a cruz ou o celosiado.
-
combinación circular
[ARQUEOL]
Petroglifo que reproduce círculos ou liñas curvas. Pode adoptar distintas formas, dende círculos concéntricos ata figuras abstractas. Aparecen agrupados a outros temas ou ben formando grupo entre eles.
-
combinación lineal
[MAT]
Nun espazo vectorial, suma de vectores, multiplicados cada un deles por un determinado coeficiente escalar.