comechón
comechón
(< lat tardío comestĭōne < latcomestu ‘comido’)
-
s
f
Proído intenso nalgunha parte do corpo.
Ex: O po dáme alerxia e prodúceme comechón nas mans.
Sinónimos: coceira, comechume, comichón, rañeira. -
s
f
Sensación de desacougo interior.
Ex: Sinto unha comechón insoportable cando me tratas con ese desprezo.
Sinónimos: comechume, comichón, proído, formigo.