Comenge
Comenge
ou Comenges Rexión de Gascuña, Occitania, situada ao lado do río Garona, entre Tolosa e o Val de Arán. Non se incorporou á Coroa francesa ata o ano 1454. Como unidade histórica e xeográfica, o antigo condado de Comenge deixou de existir no ano 1790, cando foron creados os departamentos.