comiso

comiso

(

  1. s m

    Acción de comisar.

  2. s m [DER]
    1. Pena xurídica de confiscación de bens, aplicada polo fisco ás mercadorías prohibidas ou de contrabando.

    2. Pena accesoria ou medida cautelar imposta ao autor dun delito, que consiste na perda ou retención dos instrumentos empregados no feito delitivo ou dos efectos resultantes do acto ilícito.

  3. s m [DER]

    Conxunto de bens ou xéneros comisados.

  4. s m [DER]

    Reversión do dominio útil dun inmoble en réxime de enfiteuse a favor do señor directo cando o enfiteuta deixa de pagar pensións censuais. Pódese liberar pagando os atrasos dentro do termo subseguinte á demanda que lle formula o censualista. Tamén se produce en virtude do convenio de enfiteuse, como cláusula penal contractual.

Formas incorrectas

decomiso