comodidade
comodidade
(
-
s
f
Calidade de cómodo.
Ex: Vivir tan cerca do traballo é unha comodidade. Por comodidade non entregou os papeis da solicitude.
Antónimos: incomodidade. -
s
f
Estado no que unha persoa se atopa a gusto.
Ex: Sempre busca a comodidade no vestir.
Antónimos: incomodidade. -
s
f
Todo aquilo que fai a vida cómoda, que proporciona benestar. OBS: Xeralmente se emprega en plural.
Ex: Ten unha casa con todas as comodidades. Está acostumado a vivir con moitas comodidades.
Antónimos: incomodidade.
Refráns
- Cada un na súa casa sempre está mellor que na praza.