compactación
compactación
(
-
s
f
[IND]
Aglomeración dos pos por medio da presión a temperatura normal ou alta. Neste último caso provócase á vez a sinterización do material. É a operación máis importante en pulverimetalurxia.
-
s
f
[CONSTR]
Operación que consiste en aumentar a densidade dun terreo natural ou dun terraplén pola expulsión do aire que conteñen as capas superiores, mediante máquinas e aparellos para apisoar, comprimir ou vibrar. É o método máis empregado para o afianzamento das subbases de estradas e pistas de aterraxe, e para os cimentos de obras de fábrica.
-
s
f
[XEOL]
Formación diaxenética dunha rocha coherente a partir de sedimentos soltos. Prodúcese, principalmente, pola eliminación dos espacios porosos e a expulsión da auga atrapada.