compacto -ta
(
-
adx
-
Que ten os seus constituíntes moi unidos, sen separación nin ocos.
Ex: Son incapaz de durmir nun colchón tan compacto. O pan que cociñou hoxe non lle saíu moi compacto.
-
[XEOL]
Aplícase a un solo ou a un terreo moi pouco ou nada poroso.
-
[XEOL]
Aplícase ás rochas cristalinas, normalmente con textura uniforme, de elementos non apreciables a simple vista, e tamén ás rochas que constan exclusivamente dun só elemento mineralóxico que se presenta aparentemente como amorfo.
-
-
adx
Que non presenta divisións ou fisuras, especialmente aplicado a algo non material.
Ex: Realizaron unha protesta enérxica e compacta.
-
adx
[LING]
Aplícase ás vocais abertas (a, ɛ, ɔ) que presentan a característica acústica de agrupar os formantes fundamentais nunhas frecuencias específicas, xeralmente baixas. A vogal máis compacta é o a. OBS: Tamén se denominan vocais densas e opóñense ás difusas.
-
s
m
[MAT]
Nun espazo topolóxico E, parte de E que, dotada da topoloxía de E, é tamén un espazo compacto.
-
s
m
[TECNOL]
CD.
-
s
m
[TECNOL]
Equipo musical que reúne nun só corpo varios aparatos de reprodución de son que poderían separarse en módulos independentes.