compadre
(
-
s
m
Padriño de bautizo ou de confirmación dunha persoa, con relación aos pais ou á madriña.
Ex: E teu fillo por que non saúda o seu compadre?
-
s
m
Pai dunha persoa con relación aos padriños.
Ex: Meu pai non quere ver diante o seu compadre.
-
s
m
Amigo moi achegado.
-
[ETN]
-
s
m
Boneco de palla ao que se lle prende lume o xoves de Entroido.
-
xoves de compadres
Festa que, xunto ao xoves de comadres, se celebra en Galicia e noutras partes de Europa o xoves de Entroido. Neste día enfróntanse compadres e comadres, é dicir, homes e mulleres. A loita tradicional entre os sexos desénvolvese por medio de cancións e tamén cun boneco de palla e trapos, que é de sexo masculino (compadre) ou feminino (comadre). No xoves de compadres as mozas elaboran o compadre, pendúrano dun balcón e vixían que os mozos non llelo rouben ou queimen. Outras veces, crávano na punta dun pao e foxen para que eles non llelo collan, de xeito que se forman unhas pelexas nas que interveñen a borralla e o farelo. Os compadres que seguen no poder das mozas quéimanse á noitiña nunha festa que se acompaña de berros e aturuxos. Noutras parroquias son os propios homes os que confeccionan o compadre e as mulleres tratan de queimalo. O xoves de comadres o ritual desenvólvese ao revés.
-
s
m
Refráns
- De compadre a compadre, nos ollos sangue.
- ¿Como estades, comadre? -Ó voso servicio, señor compadre.