compañeiro -ra

compañeiro -ra

(

    1. s

      Persoa que acompaña a outra no desenvolvemento dalgunha actividade, comparte con ela a pertenza a algún grupo ou está na súa compañía habitual ou circunstancialmente, por elección ou por casualidade.

      Ex: Coñecémonos desde que fomos compañeiros de clase. Foi cear cos compañeiros de traballo. O azar converteunos en compañeiros de viaxe e aventuras.

      Confrontacións: camarada, colega.
    2. compañeiro de preito [DER]

      Persoa que preitea xunto con outra na mesma causa.

  1. s

    Cousa que conforma unha parella con outra ou un conxunto con outras.

    Ex: Probei o zapato que había no escaparate e o vendedor foi buscar o compañeiro para que puxese os dous.

  2. s

    Persoa, casada ou non, que convive con outra.

    Ex: Vive cos seus fillos e a súa compañeira.

  3. adx [BOT]

    Aplícase aos taxons e, en particular, ás especies que están presentes nunha comunidade vexetal determinada pero que non manifestan predilección por esta comunidade.

  4. s [PESCA]

    Cada unha das persoas que se xuntan co fin de explotar a pesca en común e que contribúe coa súa forza de traballo e cos medios de que dispón.