comparsa

comparsa

(

  1. s f

    Conxunto de persoas que en festas públicas, especialmente no Entroido, van vestidas ou disfrazadas igual co fin de divertirse e facer que a xente se divirta.

    Ex: A nosa comparsa foi a máis rechamante e parrandeira.

    1. s f

      Conxunto de persoas que actúa nunha representación teatral ou cinematográfica formando parte dun acompañamento ou dun conxunto. Adoita non ter texto e o seu papel non é determinante no desenvolvemento da trama.

      Ex: A comparsa que participou na rodaxe estaba formada por cen persoas.

    2. s

      Persoa que participa nunha representación teatral ou cinematográfica só formando parte do acompañamento.

      Ex: Chamárono da televisión local para ser comparsa nunha serie nova.

      Sinónimos: extra.
  2. s f

    O que permanece en silencio estando presente, pero sen participar, nunha situación ou nun lugar no que se desenvolve unha acción.

    Ex: O gremio pareceu unha comparsa na reunión coa patronal. Os estados pouco desenvolvidos actúan como comparsas nas xuntanzas internacionais.