compensación

compensación

(

  1. s f

    Acción e efecto de compensar.

    Sinónimos: indemnización.
  2. s f
    1. Aquilo que se dá ou fai co fin de compensar a alguén.

      Ex: Esixiulle unha compensación ó construtor por ter que pechar o negocio.

      Sinónimos: contrapartida, indemnización, contrapartida.
    2. [COMUN]

      Anuncio gratuíto que o medio lle regala ao anunciante pola incorrecta reprodución do anterior ou por non acadar os resultados previstos.

  3. s f [AERON]

    Redución do esforzo necesario para a corrección da posición de voo dunha aeronave, mediante a disposición dunha parte dos aleróns e dos temóns de dirección e de profundidade diante da liña de bisagras. Enriba desta liña actúa unha forza aerodinámica (a acción do aire) ou estática (contrapesos ou servomotores) que facilita o movemento dos aleróns e dos temóns.

  4. s f [CONSTR]

    Forma dos chanzos das escaleiras que teñen unha parte recta e outra curva que se fan oblicuos para presentar un ancho uniforme coa liña de mesa.

  5. [DER]
    1. s f

      Forma de extinción das obrigas vencidas cando dúas ou máis persoas son por dereito propio, reciprocamente, acredoras e debedoras. As débedas consisten nunha cantidade específica de diñeiro ou nunha cousa funxible da mesma especie e calidade.

    2. compensación oculta

      Compensación que non se fai pública. O emprego deste método autorízase cando non se pode cumprir a débeda doutro xeito e para evitar o dano ao debedor.

  6. [ECON]
    1. s f

      Sistema de pagamento internacional que elimina a necesidade de uso de divisas.

    2. compensación bancaria

      Procedemento contable para liquidar, diariamente, todos os créditos e débedas en moeda escritural en todas as entidades asociadas.

  7. s f [LIT]

    Procedemento métrico cultivado principalmente nos ss XV, XVI e XVII, segundo o que a primeira sílaba dun verso se computa como pertencente ao verso anterior, que ten que ser necesariamente oxítono, cando a súa medida excede nunha sílaba a medida estrófica fixada. Adoita empregarse en combinacións de versos longos e curtos, sobre todo octosílabos e tetrasílabos, para vincular dous versos distintos. Nalgúns tratados retóricos refírese a un tipo de comparación.

  8. s f [MAR]

    Operación de anular as desviacións magnéticas que presenta a agulla náutica en cada un dos trinta e dous rumbos da rosa dos ventos, causadas polo aceiro presente na estrutura ou na carga do navío. Consiste en crear un campo magnético uniforme arredor da agulla que anule as perturbacións debidas á masa do navío. Cómpre facela dentro dun porto ou unha baía onde haxa sinais instalados para este fin.

  9. s f [TECNOL]

    Operación que ten por obxecto eliminar as variacións de isocronismo de péndulos e volantes debidas a diferencias de temperatura ambiente. Para conseguilo nos péndulos, a vara central acaba nunha placa, da que saen outras dúas varas que acaban nunha placa idéntica atravesada por aquela. Desta última saen dúas varas máis que, a través da primeira, chegan ao centro de suspensión do péndulo. Todas as varas, ao dilatarse ao mesmo tempo, separan as placas e manteñen invariable a lonxitude do péndulo. Nos volantes, conséguese a compensación facendo que o anel exterior presente dous cortes simétricos, de maneira que, ao dilatarse, o faga seguindo a circunferencia. Ademais, o anel está feito con dous metais de distinto coeficiente de dilatación, de xeito que, baixo a influencia da temperatura, un material domine o outro para manter o raio previsto.

  10. mecanismo de compensación [PSIC]

    Proceso psíquico que fai que o suxeito afronte as súas inferioridades, reais ou imaxinarias, esforzándose por desenvolver, o máximo posible, a función deficitaria ou destacar noutros campos. Se o proceso é de tipo patolóxico conduce ao delirio de compensación.

Refráns

  • A burro novo, aparello vello.
  • A can pequeno, ÓSO grande.
  • A casas vellas, portas novas.
  • A mula vella, cabezada nova.
  • A pequeno almallo, gran chocallo.