competición

competición

(

  1. s f

    Acción e efecto de competir.

  2. s f [DEP]
    1. Calidade da actividade deportiva referente á oposición dos participantes nun contexto de igualdade de oportunidades e de acordo cun conxunto de convencións e regras que dan valor preciso ao triunfo.

    2. Manifestación deportiva consistente no enfrontamento, individual ou por equipos, de dous ou máis adversarios para determinar un gañador.

  3. competición de vendas [COMUN]

    Rivalidade en vendas que practican algunhas empresas para motivar os seus vendedores que, coa mellora dos obxectivos marcados inicialmente, reciben incentivos económicos e ascensos.

Palabras veciñas

competencia | competente | competer | competición | competidor -ra | competir | competitividade