cómplice

cómplice

(< lat complĭce ‘participante’)

  1. adx

    Que amosa complicidade.

    Ex: Despediuno cun sorriso cómplice.

  2. s
    1. Persoa que auxilia o delito que van perpetrar outros, aos que axuda con actos de preparación ou simultáneos, pero sen tomar parte directa nin necesaria na execución do mesmo.

      Ex: Non estaba cos ladróns cando os colleron, pero a policía sospeita que era o seu cómplice.

    2. Quen participa nalgunha cousa sen actuar directamente.

      Ex: O can é o cómplice das súas trasnadas. O avó foi sempre o seu mellor cómplice.

Formas incorrectas

compinche

Palabras veciñas

complicado -da | complicador -ra | complicar | cómplice | complicidade | complot | complutense