comportamento
(
-
s
m
Maneira de comportarse.
Ex: O seu comportamento foi moi adecuado.
-
s
m
[LING]
Maneira constante ou variable de presentarse as diversas calidades que compoñen un son: ton, timbre, cantidade e intensidade.
-
s
m
[PSIC]
Conxunto de reaccións adaptativas dun individuo nun medio e nunha unidade de tempo determinados. O termo, intimamente ligado ás teorías do condutismo, só se pode empregar estritamente para cualificar as modificacións espacio-tempo, deixando de lado os procesos non manifestos de natureza mental ou afectiva.
-
comportamento animal
[BIOL]
Conxunto de accións coas que os animais afrontan os cambios que se producen no ambiente e se adaptan a el.
-
comportamento colectivo
[SOCIOL]
Comportamento social máis ou menos espontáneo que numerosos individuos manifestan ao mesmo tempo, en presenza dun mesmo estímulo ou de situacións afíns, estean reunidos nun mesmo lugar, separados fisicamente, dispersos ou nun ámbito reducido da vida social. O termo abrangue dende os estados de inquietude grupal ata as formas primarias dos movementos sociais, pasando polas modas e mitomanías, as condutas de masas e as formas espontáneas de contestación social. As teorías sobre o comportamento colectivo tiveron un gran desenvolvemento en Europa, a partir da obra de Émile Durkheim (1858-1917) e, máis tarde, na teoría crítica de Erich Fromm (1900-1980), e nos EE UU, o termo collective behaviour difundiuse a partir da obra de Robert Park (1864-1944) e Ernest Burgess (1886-1996).
-
comportamento electoral
[SOCIOL]
Proceso de formación e expresión das preferencias políticas individuais respecto das alternativas políticas presentes no procedemento da votación. As teorías sociolóxicas sobre o comportamento electoral analizan os resultados oficiais das eleccións tratando de atopar os fundamentos do voto, da abstención e das súas evolucións. Mediante o enfoque ecolóxico-comparativo relaciónanse os votos dos partidos con algunhas características políticas, demográficas, históricas, sociais e económicas. Os estudios electorais analizan tamén as motivacións do comportamento individual e dos votos, e ademais, a fidelidade partidista.
-
comportamento político
[SOCIOL]
Comportamento social capaz de influír directamente sobre o funcionamento do sistema político e dos seus principais compoñentes: os grupos de interese, os partidos políticos, as eleccións, os órganos lexislativos e de goberno e as decisións políticas e administrativas trascendentes. O seu estudo constitúe unhas das liñas de investigación predominante na ciencia política. Ata mediados dos anos sesenta a súa análise centrouse no estudo da personalidade política e das elites, das actitudes políticas e da opinión pública e do comportamento electoral. Nesa década comezáronse a estudar aspectos relativos á socialización política e aos problemas da elección racional adaptados ao eido político. Destacan os estudios da escola de Chicago (Merriam e os seus discípulos, Lasswell e Gosnell), da xeneración de politólogos americanos de Key, Almond e Verba, os estudios electorais de Lazarsfeld e a teoría de sistemas de Easton.