composición

composición

(

  1. s f

    Acción, efecto ou xeito de compoñer ou de compoñerse.

    Ex: O amañador non me deixou ben trala última composición.

  2. s f
    1. Aquilo que se compón.

    2. Obra artística musical ou literaria.

      Ex: A composición poética gañadora era dun autor novel.

    3. Redacción escolar sobre un tema concreto ou libre.

      Ex: O mestre mandoulles escribir unha composición ós alumnos.

    4. Construción dun texto con fins publicitarios.

  3. s f [QUÍM]

    Proporción dos distintos elementos que forman parte dun composto. Un composto puro caracterízase polo feito de ter unha composición química definida e constante, de acordo coas leis ponderais da química. A composición dalgúns materiais complexos, como minerais e cementos, ás veces expresase mediante as proporcións dos seus compoñentes molecularmente máis simples.

  4. s f [QUÍM]

    Proporción dos distintos elementos que forman parte dunha mestura.

  5. s f [ARTE]

    Disposición, nunha determinada obra, de figuras, cores, volumes, formas ou outros elementos.

    Ex: Explicounos a composición do cadro.

  6. s f [MÚS]
    1. Parte do estudo da música que versa sobre as regras para compoñer. Este termo apareceu por vez primeira no s XI nun capítulo do tratado Micrologus, de Guido d’Arezzo.

    2. Arte de concibir obras musicais.

  7. s f [LING]

    Unión de dous ou máis elementos constitutivos que existen previamente como palabras na lingua, e que forman unha palabra nova cun significado conceptual propio e autónomo, distinto ao da suma dos elementos simples; este é un procedemento pouco rendible na lingua. Na composición morfolóxica dos compostos poden formar parte as distintas categorías gramaticais, e entre as combinacións máis destacadas están as de dous substantivos (

    Ex: moble bar), dous adxectivos (Ex: branquiazul), un substantivo e un adxectivo (Ex: porco bravo), un verbo e un substantivo (Ex: picafollas) e un substantivo, preposición e substantivo (Ex: estrela de mar). Dende o punto de vista fonolóxico, as palabras compostas fórmanse por xustaposición, cando os dous elementos conservan a súa forma gráfica e fónica (Ex: sapoconcho), e por aglutinación, cando a palabra ten un só acento porque o primeiro elemento sofre alteracións e perde o seu acento fonético (Ex: puntiagudo). Dende o punto de vista sintáctico, as palabras compostas clasifícanse pola funcionalidade dos elementos en endocéntricas, se un dos elementos pode substituír os dous (Ex: garda civil) e exocéntricas, se non se pode facer a substitución (Ex: vacaloura); e polo procedemento de unión, en compostos por coordinación (Ex: agridoce) ou por subordinación (Ex: cabalo do demo).

  8. s f [GRÁF]

    Conxunto de operacións necesarias para levar a cabo a reprodución dun texto sobre un soporte (forma de impresión) apto para imprimilo. A elaboración de liñas axustadas, dos espacios entre liñas e a disposición do texto sobre a plana constitúen a composición propiamente dita, que se pode realizar a través de diferentes medios. O primeiro que cómpre destacar é a composición manual, na que o operario coloca nun listón metálico, compoñedor, as pezas onde son gravados os caracteres, seguindo a orde do orixinal. A finais do s XIX a composición manual substituíuse pola composición mecánica, que comprende dous procedementos: a composición mecánica en liñas-cadernos ou linotipia e a composición mecánica en caracteres móbiles ou monotipia. Na composición automática ou programada o operador rexistra o texto sobre unha cinta de papel codificado con perforacións. Unha vez rexistrado, o texto se procesa por ordenador. Posteriormente, a fotocomposición apartou todos estes procedementos.

  9. s f [DER]
    1. Resolución extraxudicial dun conflito pactada polos mesmos interesados ou por terceiras persoas e o amigable compoñedor, ás que lles manda un convenio transaccional ou unha resolución nunha escritura de compromiso.

      Sinónimos: arbitraxe.
    2. Substitución dunha penalidade por unha indemnización.

  10. s f [HIST/DER]

    Convenio ou enmenda que, de acordo co sistema penal de vinganza privada, restablece a paz que perturbara unha ofensa criminal entre persoas ou entidades mediante as indemnizacións que se consideraban suficientes.

  11. s f [HIST/DER]

    Emenda, restitución ou reparación dun dano ou prexuízo, tanto de orde penal como civil, que se realizaba entre os ss X e XII.

  12. composición de funcións/composición de aplicacións [MAT]

    Resultado de efectuar un número finito de funcións ou aplicacións de forma sucesiva. Dadas dúas funcións f:XX’ e g:X’→X”, a composición é outra función (g|f):XX” que se define como (g|f)(x)=g[f(x)], uxX.

  13. composición en punta [LIT]

    Fenómeno métrico segundo o que os versos que conforman un poema aumentan ou diminúen o seu número de sílabas de forma sistemática, imitando a forma dun triángulo ou dun trapecio.

Palabras veciñas

comportar | composibilidade | composible | composición | composite* | compositio* | compositivo -va