Comtat, El
Comtat, El
Comarca da provincia de Alacant, integrada por 24 municipios. A cabeza da comarca é Concetaina. Situada no centro das serras béticas valencianas, constitúe unha rexión moi irregular. A temperatura media anual é aproximadamente de 15°C. A vexetación fundamental é a carrasqueira, aínda que en grandes extensións se substituíu por mato de breixo e romeo. As terras de secaño repártense o cultivo de cereais e oliveiras, e nas de regadío predominan as árbores froiteiras e as hortalizas. Na industria destaca a fabricación de papel.