comuna

comuna

(

  1. s f [SOCIOL]

    Grupo de individuos ou de parellas que viven en comunidade. Durante a década de 1960 constituían unha forma de vida e sociedade de mozos pertencentes a movementos xuvenís de protesta nos países occidentais, que se conformou como unha alternativa á tradicional vida en familia. Inspiradas en teorías de orixe socialista, rexeitaban os valores tradicionais de autoridade, as relacións de propiedade e de consumo, así como as estruturas xerárquicas saídas da sociedade postindustrial, e fomentaron formas experimentais e variables de vida en común.

  2. s f [DER]
    1. Conxunto de veciños dun territorio, de membros dun estamento, de mestres dun oficio, etc, representados por unha corporación que antigamente tamén se chamaba universidade.

    2. Colectividade humana onde os membros acordan poñer en común a propiedade, comparten unha ideoloxía de carácter colectivista e viven xuntos desenvolvendo un traballo que lles permite a subsistencia económica.

    3. Municipio representado polo seu concello nalgúns países de América Latina.

  3. s f [XEOG]

    Circunscrición administrativa de primeira orde de Liechtenstein, equivalente a un municipio.

  4. comuna dos santos [RELIX]

    Formulario do rito romano, unificado desde Pío V e ordenado por categorías, dos santos que non teñen liturxia propia.

  5. comuna popular [HIST]

    Institución creada en 1958 na República Popular de China, a partir da fusión das cooperativas socialistas de produción. Suprimida en 1982, funcionaba cunha unidade que agrupaba diversas vilas e que tiña como obxectivos conseguir o pleno rendemento da poboación activa, establecer unha estrutura social suprafamiliar e crear unha base primaria de poder político.

Palabras veciñas

comté* | Comte, Auguste | común | comuna | comuña | Comuna de París | Comuna de París