concatenación

concatenación

(

  1. s f

    Acción e efecto de concatenar ou concatenarse.

  2. s f [LIT]

    Figura de dicción que consiste no establecemento dunha repetición en serie, de xeito que cada frase ou verso comece coa parte final do verso ou frase precedente. A reiteración continuada implica cambios nas funcións sintácticas das palabras repetidas.

  3. s f [INFORM]

    Operación de unir dúas ou máis cadeas de caracteres. Por exemplo, “ABC” concatenada con “DEF” é igual a “ABCDEF”.

Palabras veciñas

CONCAPAG | concatedral | concatémero | concatenación | concatenado -da | concatenar | concaulescencia