concelho*

concelho*
s m [XEOG/ADM]

Circunscrición de segunda orde de Portugal, por baixo do distrito, equiparable aos concellos galegos. Como estes, defínese como agrupación das freguesías e goza dun réxime xurídico baseado na institución municipal romana. A Constitución portuguesa de 1976 (promulgada despois da Revolução dos Cravos) substituíu a denominación de concelho pola de município.