Concheiro
Concheiro
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume de oficio que se lles aplicou a individuos dedicados a vender cunchas. Este grupo de artesáns floreceron, sobre todo, en Compostela durante os ss XIII e XIV. Documéntase no s XIII: “Johannes Garsie Concharius” (doc ano 1204 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 481).