concreción

concreción

(

  1. s f

    Acción e efecto de concretar ou concretarse.

  2. s f

    Calidade ou condición de concreto.

  3. s f [XEOL]

    Acumulación, a partir dun núcleo orixinal, de partículas que se unen para formar pequenas masas entre os sedimentos. Nas rexións abisais fórmanse concrecións de óxido de manganeso, dunha grande importancia económica. Tamén hai concreción de sílice, de fosfato cálcico e de calcarias.

  4. s f [XEOL]

    Precipitación que forma capas superpostas, case sempre pola acción da auga. Son moi frecuentes as concrecións calcarias e silíceas. No interior das covas poden dar lugar a formas características, como as estalactitas e as estalagmitas.

  5. s f [PAT]

    Masa sólida constituída por agregación e endurecemento de diversas materias, producida xeralmente por circunstancias patolóxicas e que se pode dar en diversos tecidos. As concrecións calcarias, os depósitos de carbonatos e os fosfatos de calcio, son frecuentes en forma de cálculos, como calcificacións secundarias de diversos órganos ou tecidos, ou como protección fronte a corpos estraños. Tamén aparecen as concrecións tofáceas e as concrecións ateromatosas, importantes na gota e na aterosclerose, respectivamente.