condado

condado

(

  1. s m

    Título ou dignidade de conde.

  2. s m [HIST]

    Circunscrición territorial baixo a xurisdición dun conde. O condado carolinxio, coñecido tamén co nome de pagus, era a principal unidade administrativa e difundiuse despois polas zonas que pasaron a formar parte do Sacro Imperio Romano Xermánico. Introducido en Inglaterra polos normandos, durante a Idade Media e co desenvolvemento do feudalismo identificouse cun feudo ou cunha terra señorial dependente dun conde e ligada ao seu título. En Galicia, os primeiros condados ou comitatus instauráronos os monarcas asturianos dende finais do s VIII, nun esforzo por establecer unha nova organización política e administrativa do territorio ao redor das xurisdicións territoriais dependentes da autoridade dun comes ou delegado real.

  3. s m [XEOG]
    1. Circunscrición administrativa de primeira orde de Hungría.

    2. Circunscrición administrativa de primeira orde de Irlanda.

    3. Circunscrición administrativa de segunda orde no Reino Unido, dividida en distritos rurais e urbanos. En Inglaterra e Gales están administrados por un sheriff e un county council (‘consello do condado’), mentres que en Irlanda do Norte a autoridade principal é o gran xurado e non hai consello. En Escocia rexe unha división distinta, na que a unidade administrativa equiparable se denomina rexión.