condena

condena

(

  1. s f

    Clase e extensión dunha pena.

  2. s f [DER]

    Parte decisoria da sentenza na que se lle impón ao acusado unha obriga. No procedemento civil, a sentenza consiste no acollemento total ou parcial das pretensións dunha das partes e na obriga de aceptalo pola parte contraria. No procedemento penal, a sentenza declara que unha persoa é responsable do delito que se lle imputa e que está obrigada a cumprir unha pena.

  3. condena con custas [DER]

    Pronunciamento da sentenza que obriga a un dos litigantes a facerse cargo dos gastos xudiciais orixinados polo procedemento. As custas procesais debe abonalas aquel que a sentenza declara que actuou con temeridade ou mala fe.

  4. condena condicional [DER]

    Suspensión do cumprimento da pena imposta ao delincuente coa condición de que o suxeito non volva delinquir ou cumpra unha serie de requisitos ou cargas legalmente previstas. Se o acusado cumpre a devandita condena, a responsabilidade queda extinguida ao remate do período de suspensión.

  5. s f

    Posicionamento en contra de algo.

    Ex: No relatorio fixo unha condena da explotación infantil.

  6. s f

    Suplicio que hai que soportar.

    Ex: A súa condena é ter que se levantar cedo todos os días.