condenar

condenar

(< lat condemnāre)

  1. v t

    Declarar a alguén culpable por sentencia, impoñéndolle unha pena ou castigo.

    Ex: Condenárono a seis meses de cárcere.

    Sinónimos: sentenciar.
  2. v t

    Declarar unha cousa merecedora de condena.

    Ex: A lei condena o roubo. Os gramáticos condenan esta expresión e recomendan que non se use.

  3. v t

    Manifestar unha opinión contraria sobre algún asunto.

    Ex: Coa manifestación condenaron as repetidas agresións ós comerciantes.

  4. v t

    Forzar a algunha cousa penosa.

    Ex: Os ditadores condenan o pobo á ignorancia. O rapaz condena a súa nai porque non quere comer.

  5. v t

    Declarar a un enfermo irremediablemente próximo á morte.

    Ex: Non hai nada que facer, os médicos condenárono.

  6. v t

    Reducir unha cousa á inactividade pola súa falta de funcionalidade.

    Ex: O progreso condenou o uso dos coches de cabalos.

  7. v pron

    Ser unha persoa a causa da súa pena ou castigo.

    Ex: Has de condenarte ó inferno pola túa falsidade!

Formas incorrectas

condanar
Conxugar
VERBO condenar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
condeno
condenas
condena
condenamos
condenades
condenan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
condenaba
condenabas
condenaba
condenabamos
condenabades
condenaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
condenei
condenaches
condenou
condenamos
condenastes
condenaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
condenara
condenaras
condenara
condenaramos
condenarades
condenaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
condenarei
condenarás
condenará
condenaremos
condenaredes
condenarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
condenaría
condenarías
condenaría
condenariamos
condenariades
condenarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
condene
condenes
condene
condenemos
condenedes
condenen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
condenase
condenases
condenase
condenasemos
condenasedes
condenasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
condenar
condenares
condenar
condenarmos
condenardes
condenaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
condena
-
-
condenade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
condenar
condenares
condenar
condenarmos
condenardes
condenaren
Xerundio condenando
Participio condenado
condenada
condenados
condenadas