condritio -tia

condritio -tia

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos condritios.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da clase dos condritios.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Clase de peixes de esqueleto cartilaxinoso, con aletas pectorais e pélvicas pares, sen vexiga natatoria e con toda a pel recuberta de pequenos dentículos semellantes en estrutura e orixe aos dentes localizados nas mandíbulas, que son articuladas. O sangue presenta, grazas á acumulación de urea e trimetilamina, a mesma presión osmótica ca o medio mariño, feito que se manifesta no cheiro amoniacal da carne destes animais. A fecundación é interna e a reprodución ovípara ou vivípara, na que as crías dependen de secrecións uterinas ou dunha placenta para desenvolverse. Pertencen aos condritios as ordes dos escualiformes, os galeiformes, os hexanquiformes, os quimeriformes, os raiformes e os torpediniformes.

Palabras veciñas

condriomito | condriosoma | condrite | condritio -tia | condrito | condro- | condroblasto