conduto

conduto

(< lat conductu, p p de conducĕre‘conducir’)

  1. s m

    Canle ou tubo por onde circula un fluído.

    Ex: Marcaron o conduto do gas con postes amarelos.

  2. s m

    ía pola que se consegue que algo chegue ao seu destino.

    Ex: O conduto diplomático será o máis fiable para enviar os documentos.

  3. [ANAT]
    1. s m

      Estrutura tubular, con paredes limitantes e cun paso relativamente estreito para a circulación de fluídos orgánicos ou para o traxecto de vasos e nervios a través dos órganos.

    2. conducto aberrante

      Conduto que normalmente non está presente ou que se presenta seguindo unha dirección distinta.

    3. conducto aferente

      Conduto que leva un fluído dende o exterior dun órgano cara ao interior do mesmo.

    4. conducto auditivo externo

      Comunicación aérea do pavillón da orella ata o tímpano. A súa misión é transmitir as vibracións sonoras recollidas polo pavillón.

    5. conducto biliar

      Conduto que constitúe as vías biliares extrahepática ou intrahepática.

    6. conducto cerebroespinal/conducto craniovertebral

      Espacio limitado polas meninxes, que contén o encéfalo e a medula.

    7. conducto deferente

      Tubo fibromuscular que une a cola do epidídimo co conduto exaculador, é dicir, o conduto que transporta os espermatozoides dende a parte superior do testículo ata as vesículas seminais.

    8. conducto eferente

      Conduto que leva un fluído dende o interior dun órgano cara ao exterior do mesmo.

    9. conducto galactóforo

      Cada un dos condutos excretores das glándulas mamarias que, en número de quince a vinte, se abren no pezón.

    10. conducto hepático

      Condutos que drenan a bile hepática e que constitúen unha parte das vías biliares intrahepáticas e extrahepáticas.

    11. conducto inguinal

      Conduto aponeurótico-muscular que transcorre entre o anel inguinal profundo e o anel inguinal superficial; no home, contén o cordón espermático, e na muller, o ligamento redondo.

    12. conducto lacrimal

      Conduto que une o punto lacrimal co saco lacrimal.

    13. conducto linfático

      Cada un dos dous vasos linfáticos principais que verten o seu contido na circulación sanguínea.

    14. conducto semicircular membranoso

      Conduto que contén a endolinfa e unha parte dos órganos do equilibrio. Pode ser de tres tipos (o superior, o posterior e o externo) e localízanse no interior dos condutos semicirculares óseos.

    15. conducto semicircular óseo

      Conduto escavado no corpo que forma o esqueleto óseo dos órganos do equilibrio no aparello auditivo interno. De forma semicircular e orientado nos tres planos do espacio, sae do vestíbulo e retorna a el.

    16. conducto uroxenital

      Conduto que serve para o transporte tanto dos ouriños como das células reprodutoras.