confección

confección

(

  1. s f

    Acción e efecto de confeccionar algo a partir de diferentes elementos combinados.

    Ex: A confección do cartel levouse a cabo con elementos de reciclaxe. A confección do novo fármaco resulta moi custosa.

    Confrontacións: configuración, elaboración, fabricación.
  2. s [TÉXT]
    1. Fabricación de pezas de vestir feitas en serie, con medidas estudiadas e tomadas previamente sobre manequíns.

      Ex: Estudia corte e confección. Traballa nunha fábrica de confección.

    2. Roupa que non está feita a medida.

      Ex: Rebaixas en confección. As últimas confeccións do modisto caracterízanse pola súa extravagancia. OBS: Co mesmo significado emprégase a expresión de confección. Ex: Mercou un traxe de confección para a voda.

    3. pl

      Tenda onde se venden pezas de vestir feitas a medida ou taller onde se fabrican.

      Ex: Merquei o bañador en confeccións A Galega.