Confederación Española de Derechas Autónomas

Confederación Española de Derechas Autónomas
Nome científico: [CEDA]

Formación política creada en Madrid a comezos de marzo de 1933 que agrupou o partido de Acción Popular, de Gil Robles, a Derecha Regional Valenciana, dirixida por Luis Lucía e outros grupos monárquicos, mauristas e democristiáns. Nas eleccións de novembro de 1933 foi o partido que conseguiu máis deputados (115), pero non os suficientes para gobernar en solitario. Alcalá Zamora, presidente da República, encargou a formación de goberno ao Partido Radical liderado por Lerroux, que gobernou en solitario ata outubro de 1934. Nese ano constituíuse un goberno radical-cedista que outorgou tres carteiras a membros da CEDA, feito que desencadeou a Revolución de Outubro de 1934. Centraron a súa acción de goberno en frear o reformismo republicano e convertéronse en instrumento dos grandes propietarios agrarios e industriais. O 6 de marzo de 1935 entraron novamente cinco cedistas no goberno, con Gil Robles no ministerio de Guerra. Nas eleccións de febreiro de 1936, a CEDA perdeu o 20% dos seus postos nas cortes e unha boa parte das súas xuventudes pasaron a formar parte da Falange Española, pouco tempo antes do 18 de xullo. Disolveuse co estalido da Guerra Civil.