confesións, As
confesións, As
Nome científico:
[Confessiones]
[LIT/FILOS]
Obra autobiográfica de santo Agostiño escrita entre os anos 397 e 401 en latín, coa dobre finalidade de narrar a súa conversión relixiosa -triunfo da graza divina máis ca un esforzo persoal- e de rexeitar os ataques dos seus detractores e as loanzas excesivas dos que o idolatraban. Composta por trece libros, os tres últimos son unha meditación sobre a creación e o tempo, sobre o coñecemento da Trindade a través da Biblia e da alma. Nos catro primeiros relata a súa infancia e adolescencia, no oitavo a súa conversión, e os últimos dedícaos á investigación filosófica e teolóxica. No derradeiro libro trata un tema central na súa filosofía, o espírito humano como reflexo da Trindade divina.