cónico -ca

cónico -ca

(< grκωνικός, de κῶνος ‘cono’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao cono.

    Ex: Esta semana na escola aprendemos a traballar con figuras cónicas.

  2. adx

    Que ten forma de cono.

    Sinónimos: coniforme.
  3. s f [MAT]

    Curva de segundo grao nun plano. O primeiro estudo referido a cónicas é o tratado de Apolonio de Perge, que as definía como posibles seccións dun cono. Proxectivamente, a cónica defínese como o lugar xeométrico dos puntos dobres dunha polaridade. O seu estudo afín destaca os seguintes elementos: centro, que é o polo da recta do infinito; diámetro, calquera recta que pasa polo centro; asíntotas, diámetros tanxentes á conica; e focos, puntos nos que coincide, no feixe de rectas incidentes, a involución de rectas perpendiculares e a inducida pola cónica. No estudio euclidiano distínguense, ademais, os eixes principais. A intersección dunha cónica cun eixe chámase vértice. A súa clasificación proxectiva só distingue entre propias e dexeneradas, e reais ou imaxinarias. A intersección das cónicas reais non dexeneradas coa recta do infinito provoca a distinción afín: dous puntos de intersección, hipérbole; un punto, parábola; e se non existe intersección, elipse. En sistemas de referencia centrais, as ecuacións reducidas serían: elipse (x 2 /a 2 )+(y 2 /b 2 )=1 (se a=b, circunferencia), hipérbole (x 2 /a 2 )-(y 2 /b 2 )=1 e parábola y 2 =2px. No caso da parábola, o sistema de referencia que proporciona esta ecuación reducida ten o centro nun vértice.

Palabras veciñas

coniaciano -na | conicho -cha | conicidade | cónico -ca | conidianxio | conídico -ca | conidio