conmutación
(
-
s
f
Acción e efecto de conmutar.
-
s
f
[TECNOL]
Operación que consiste en establecer as conexións individuais entre as vías de transmisión ou os circuítos de comunicación entrantes e saíntes, co fin de establecer a comunicación desexada entre dous puntos. Pódese facer mediante elementos electromecánicos, como os relés, ou mediante dispositivos semicondutores.
-
s
f
[DER]
Indulto parcial que altera a natureza do castigo a prol do reo, de xeito que se substitúe a pena por outra de menor gravidade.
-
s
f
[FÍS]
-
Modificación da configuración dun ou de diversos circuítos eléctricos mediante o establecemento ou a supresión de determinadas conexións. Os dispositivos ou elementos empregados para efectuala poden ser de tipos moi diversos segundo a forma en que está feita: por contactos mecánicos, de accionamento manual ou automático mediante relés, ou estaticamente mediante dispositivos electrónicos. A conmutación electrónica ten cada vez maior importancia a causa das vantaxes da conmutación estática.
-
Conxunto de fenómenos que teñen lugar no inducido dunha máquina eléctrica, producidos pola inversión do sentido da corrente no momento en que unha bobina se pon en curtocircuíto no colector mediante as vasoiriñas. Esta inversión de corrente produce unha forza electromotriz inducida, chamada tensión de reactancia, que orixina efectos prexudiciais; para contrarrestala, dispóñense uns polos auxiliares ou de conmutación sobre a liña neutra que crean unha forza electromotriz. En máquinas pequenas recórrese á decalaxe das vasoiriñas.
-
-
s
f
[LING]
Na glosemática, correlación sistemática entre o plano da expresión e o plano do contido a través das respectivas unidades formais. Se hai esta correlación, o cambio dunha unidade fonolóxica por outra producirá un cambio automático e sistemático no plano do contido; cada signo lingüístico colócase sistematicamente nun contexto determinado para averiguar qué signos poden ou non aparecer nel. Como método de análise lingüística recibe o nome de proba da conmutación e ten a finalidade de deducir o número e as características dos elementos fonemáticos de cada lingua. Así, por exemplo, en galego hai conmutación entre as magnitudes /s/ e /t/ no plano da expresión, xa que teñen a súa relación, no plano do contido, coas magnitudes mesa e meta. Denomínase invariante a magnitude que, ao variar nun plano, produce a variación no outro; a magnitude que non produce esa variación denomínase variante.
-
s
f
[LIT]
Figura retórica que consiste na inversión dos termos dunha proposición noutra inmediata, de maneira que esta forma contrasta coa precedente. De aí a diferencia de sentido que se establece entre as secuencias “traballar para vivir” e “vivir para traballar”.
-
[INFORM]
-
conmutación de bancos
Capacidade para utilizar máis dun conxunto de chips de memoria en momentos diferentes, aínda que se lles dean as mesmas direccións. Permite equipar un ordenador con máis memoria que aquela coa que se equipou, almacenar algúns datos nun conxunto de chips que despois son conmutados e utilizar o outro conxunto de chips. Usouse para proporcionarlle ao PC de IBM máis de 640K de memoria. Emprégase tamén en tarxetas avanzadas de gráficos.
-
conmutación de paquetes
Técnica que permite que moitos ordenadores compartan unha canle única de comunicacións, transmitindo todos os datos en paquetes que especifican a máquina á que se dirixen.
-
conmutación de bancos