Connacht

Connacht

Provincia de Irlanda, ao O da illa, á beira do Océano Atlántico, que inclúe os condados de Gaillimh, Liatroim, Maigh Eo, Ros Comáin e Sligeach (17.710 km2; 433.231 h [1996]). Esténdese por unha chaira baixa con moitos lagos e macizos calcarios que a pechan polo O, onde se forman unhas costas abruptas. É unha das rexións máis despoboadas de Irlanda. Corresponde ao reino gaélico homónimo, un dos antigos cinco reinos de Irlanda, fundado arredor do ano 150. Permaneceu independente ata que no s XIV as terras gobernadas polos Burghs pasaron a mans da coroa inglesa.

Palabras veciñas

conmutar | conmutativo -va | conmutatriz | Connacht | connato -ta | connatural | Connaught