Conrado II
Conrado II
o Sálico (? 990 - Utrecht 1039) Emperador romano-xermánico (1027-1039), rei de Xermania (1024) e dos Lombardos (1026). Fundador da dinastía sálica ou de Franconia, emprendeu unha política de consolidación da autoridade do emperador ao enfrontarse aos señores feudais. Sufocou as rebelións na Lombardia e estendeu o seu goberno. Cedeulle a comarca de Slesvig, no S da Península de Xutlandia, ao Rei Canuto pero recibiu o reino de Borgoña (1033) e, no mesmo ano, someteu Polonia a vasalaxe. Sucedeuno o seu fillo, o futuro Emperador Enrique III.