Conrado de Claraval,

Conrado de Claraval,

san (1125 -?) Monxe cisterciense, discípulo de san Bernaldo. Cando se dirixía a Terra Santa en peregrinación, naufragou nas costas do sur de Italia e quedou alí facendo vida de anacoreta. Na iconografía viste hábito cisterciense e leva como atributo unha coroa real colocada no chan (como símbolo da súa renuncia a tal dignidade).