consanguinidade

consanguinidade

(

  1. s f [DER]

    Relación de parentesco, lineal ou colateral, que xorde pola común ascendencia biolóxica e que se computa mediante liñas (conxunto de persoas que teñen unha orixe común) e graos (distancia que media entre persoas situadas na mesma liña). Son parentes consanguíneos aqueles que descenden dun mesmo tronco. Ten importancia, sobre todo, no ámbito matrimonial, pois xera algúns impedimentos para o casamento e tamén ten relevancia xurídica, posto que modifica a capacidade de obrar noutros ámbitos da vida do dereito. O dereito canónico diferencia a consanguinidade natural, cando non é froito de matrimonio lexítimo, e a civil, cando si o é. O dereito civil eliminou esta diferencia, de modo que a consanguinidade constitúe un impedimento para o casamento, aínda que nalgúns casos é dispensable.

  2. s f [XEN]

    Apareamento de dous individuos que teñen lazos de parentesco dentro dunha poboación. Ten como consecuencia o aumento da frecuencia de homocigotos recesivos dentro da poboación, respecto do que ocorrería se o apareamento fose aleatorio.