Consello Nórdico
Consello Nórdico
Organismo consultivo interparlamentario creado en 1952 en Copenhaguen para favorecer a cooperación económica e social entre Dinamarca, Islandia, Noruega, Suecia e Finlandia (que se adheriu en 1955). Consta de 87 membros elixidos anualmente polos parlamentos dos estados respectivos. As illas Feroe (desde 1970), Groenlandia (desde 1984) e as illas Åland (desde 1970) teñen representación propia dentro das delegacións de Dinamarca e Finlandia.