consignatario -ria

consignatario -ria

(< consignar)

  1. adx e s

    Aplícase á persoa ou entidade á que lle está consignada unha cousa.

    Ex: Recibiuse o paquete sen o nome do consignatario. Aínda non se localizou a casa consignataria.

  2. [DER]
    1. s

      Axente destinado á venda dunha cousa, propiedade doutra persoa, nun prazo e prezo fixados previamente. Comprométese a entregar o prezo ao propietario ou a restituírlle a cousa e ten dereito a quedar coa eventual diferenza obtida do aumento do prezo da venda, no caso de que esta se conseguise.

    2. consignatario de buques

      Representante dunha empresa navieira nos portos nos que o buque fai escala. A relación que o une co navieiro pode ser de dependencia, ou ben actuar como comisionista, o que é máis frecuente. Deste xeito produciuse unha proliferación de empresas consignatarias de buques, coas que as navieiras contratan as tarifas que precisan. Realizan funcións relacionadas co transporte de mercadorías, descarga, tránsito e entrega das mesmas, e preparación de fretes. En Galicia, a importancia dos portos de mercadorías fixo posible a existencia dunha gama de empresas consignatarias, como Pérez Torres y Cía, Estibadora Gallega, Bonifacio Lagares, Corona Mar, Consignatarios de Buques Aluflet, Consiflet, Consignataria de Vigo, García Reboredo Hermanos ou Vasco Gallega de Consignaciones.

Palabras veciñas

consignación | consignador -ra | consignar | consignatario -ria | consigo | consiliario -ria | consilium*