consolidación
(
-
s
f
Acción e efecto de consolidar ou consolidarse.
-
s
f
[MED]
Proceso de curación dunha fractura ósea con tendencia a devolverlles as propiedades primitivas aos ósos. Ten lugar normalmente mediante a formación do calo, agás nos ósos de orixe conxuntiva, nos que se substitúe por unha proliferación fibrosa de lenta osificación.
-
s
f
[DER]
Forma de extinción dos dereitos reais, especialmente da servidume, que consiste en reunir e asignarlle a un titular as facultades de dominio que antes estaban disgregadas.
-
-
s
f
[ECON]
Proceso económico que segue a unha época de crise, caracterizado polo crecemento rítmico da produción e do consumo, e polo equilibrio na balanza de pagamentos.
-
consolidación de contas
Operación contable consistente en integrar as contas das diversas sociedades que forman parte dun grupo de empresas, para representar a situación económica e financeira conxunta. Rexida en España pola lexislación mercantil (1989) e polo plan xeral de contabilidade (1990), a Comunidade Europea non harmonizou este procedemento.
-
consolidación da débeda pública
Conversión da débeda pública flotante, representada polos bonos do tesouro, en débedas (títulos de débeda) a longo prazo.
-
s
f
[ECON]
-
s
f
[XEOL]
Proceso de conversión dun material solto ou brando noutro duro e compacto, como, por exemplo, o que converte a area en gres.
-
s
f
[XEOL]
Asentamento gradual dun solo provocado por forzas gravitatorias, ben polo seu propio peso ou ben polas estruturas que soporta.
-
s
f
[CONSTR]
Asentamento natural dun terreo debido á acción do seu propio peso e ás construcións existentes nel, feito que provoca a progresiva diminución de volume pola expulsión da auga contida no terreo. O grao de consolidación avalíase en ensaios de laboratorio por medio dos edómetros.