Constantino II
Constantino II
o Novo (Arles 317 - Aquilea 340) Emperador romano (337-340), primoxénito de Constantino I o Grande. Nomeado césar no 317, recibiu do seu pai a responsabilidade da supervisión directa da Hispania, Britania e as Galias, e situou a súa sede en Tréveris. Despois da morte de Constantino I (337), produciuse unha etapa de gran violencia, trala que foi nomeado emperador polo exército, xunto cos seus irmáns Constancio e Constante. Conservou os territorios que xa tiña baixo a súa autoridade, pero comezou a presionar sobre Constante para aumentar as súas posesións. Foi derrotado e morreu cando tentaba cruzar os Alpes para enfrontarse con Constante.