constituínte

constituínte

(

    1. adx e s m

      Que constitúe algunha cousa.

      Ex: A verdade e a lealdade son os principais elementos constituíntes da nosa amizade. Os constituíntes da fórmula química eran un segredo.

    2. constituínte descontinuo [LING]

      Constituínte que non se sitúa ao lado doutro na cadea de palabras, pero que non obstante se relacionan sintáctica ou semanticamente. Ao segmentar a construción compróbase que a disposición lineal dos seus compoñentes non coincide coa estrutura sintáctica (

      Ex: en inglés, o verbo preposicional call up, Peter called she up ‘Peter chamouna’; ou, en francés, a construción negativa do verbo fórmase cun constituínte descontinuo ne...pas, Paul ne mange pas ‘Paul non come’). Na representación por diagramas arbóreos prodúcense interseccións de pólas.

    3. constituínte inmediato [CI] [LING]

      Cada un dos elementos de nivel máis baixo que forma parte dunha construción sintáctica ou morfolóxica, de tal xeito que entre o elemento e a construción enteira non se interpón ningunha construción parcial de nivel intermedio. A análise de constituíntes inmediatos baséase en pasos sucesivos sobre os distintos niveis da estrutura dentro dunha oración. En cada nivel, a construción divídese en constituíntes principais, e o proceso segue ata que xa non é posible realizar ulteriores divisións. Así, na construción Os meus mellores amigos están aquí, os constituíntes inmediatos son os meus mellores amigos e están aquí; os de os meus mellores amigos son os meus e mellores amigos; os de os meus son os e meus; e así sucesivamente. O concepto deriva dun procedemento de análise gramatical, no fondo moi tradicional, pero que L. Bloomfield e os seus discípulos fixeron explícito por primeira vez, ata que N. Chomsky o formalizou rigorosamente. Dúas maneiras gráficas de mostrar a descomposición son as parénteses que illan os constituíntes e, sobre todo, os diagramas arbóreos.

  1. adx e s [DER/POLÍT]

    Que ou quen ten poder para establecer ou reformar unha constitución.

    Ex: Elixírono para formar parte da Asemblea constituínte.