consultorio

consultorio

(< lat consultorĭu)

  1. s m

    Establecemento onde se informa sobre cuestións técnicas.

    Ex: Antes de abrir o negocio imos asesorarnos nun consultorio sobre temas fiscais.

  2. s m

    Local ou establecemento particular no que un ou varios médicos examinan enfermos.

    Ex: No consultorio que me recomendou, todos os médicos son especialistas en pediatría.

    Confrontacións: consulta.
  3. s m

    Sección dun medio de comunicación ou dun programa televisivo ou radiofónico que dá resposta a preguntas do público sobre determinados asuntos.

    Ex: Enviamos unha carta ó consultorio da sexóloga do xornal e aínda non nos respondeu.