contacto
(
-
s
m
Feito de tocar fisicamente unha persoa ou unha cousa a outra.
Ex: Debes evitar o contacto co enfermo. Non se pode producir o contacto entre as dúas especies.
-
s
m
Feito de teren relación social dúas ou máis persoas.
Ex: Hai tempo que non teño contacto con eles, pero gustaríame que nos xuntaramos. Os funcionarios teñen contacto co público.
-
s
m
Persoa que fai de intermediaria para obter algunha cousa.
Ex: Aforraron moitas colas grazas a ter un contacto no ministerio.
-
s
m
[ASTRON]
Instante no que o punto luminoso dun astro que se eclipsa entra ou sae do cono de sombra do corpo que eclipsa.
-
[FÍS]
-
s
m
Condición de dous corpos condutores que se tocan co fin de establecer o paso de corrente eléctrica dun a outro.
-
s
m
Peza condutora destinada a establecer un contacto con outra semellante para producir o peche ou a abertura dun circuíto eléctrico. Son elementos esenciais en aparellos ou dispositivos onde se produce unha interrupción periódica do circuíto accionada polo operador, ou ben polo mesmo aparello de xeito automático. Adoitan estar formados por metais ou aliaxes de baixa resistencia eléctrica e que presentan un desgaste moi pequeno no seu funcionamento; a miúdo están cubertos de prata ou ouro. Empréganse nos interruptores, relés, disxuntores, conectores, etc.
-
contacto óhmico
Contacto entre dous materiais distintos que presenta a propiedade de que a diferenza de potencial entre as dúas caras contiguas é proporcional á corrente que as atravesa.
-
contacto rectificador
Contacto que presenta unha condutividade asimétrica. Usualmente, permite o paso da corrente nun único sentido.
-
s
m
-
s
m
[ESTRATIG]
Superficie plana que separa dúas masas contiguas de rocha. Pode presentarse entre dúas rochas ígneas e amosar diferencias de textura e estrutura; entre unha rocha ígnea e outra sedimentaria, podendo producir metamorfismo de contacto na rocha sedimentaria; e entre dúas rochas sedimentarias. Tamén existen contactos de orixe tectónica (por falla, encabalgamento ou corremento); é neles onde se aprecian os sinais de movemento que indican o desprazamento relativo dos bloques.
-
s
m
[IMAX]
Copia das mesmas dimensións ca o negativo que se realiza ao poñer en contacto, durante a exposición, o papel co negativo orixinal.
-
s
m
[TRANSP]
Peza metálica disposta amodo de traveseiro, colocada entre os carrís e conectada cos sinais dunha instalación de bloqueo que, ao pasar unha locomotora, acciona un dispositivo sonoro desta cando a vía está ocupada.
-
s
m pl
[COMUN]
Sección dun medio de comunicación escrito no que se anuncian persoas que buscan coñecer outras ou que ofrecen relacións sexuais.
-
[BÉL]
-
contacto de fogos
Momento no que unha forza recibe os efectos do fogo inimigo.
-
contacto táctico
Fase na que os elementos de vangarda toman contacto co inimigo, mentres que o groso das forzas conserva a liberdade de manobra e de despregamento.
-
toma de contacto
Operación posterior á aproximación na que as forzas situadas na vangarda reducen a distancia co inimigo co fin de localizar a súa situación, co conseguinte despregamento para contelo se está en marcha e rexeitalo se está estacionado.
-
contacto de fogos
-
contacto lingüístico
[LING]
Área da investigación lingüística e sociolingüística centrada na análise das causas e das consecuencias daquelas situacións en que conviven, nun mesmo espazo social e territorial, dúas ou máis variedades lingüísticas diferentes. O estudo das situacións de contacto pode dividirse en dúas partes relativamente diferenciadas: por unha banda, a consideración dos aspectos socioculturais e sociopsicolóxicos do encontro entre dúas ou máis variedades lingüísticas, tanto no plano individual coma no social e comunitario; por outra banda, a consideración dos aspectos lingüísticos do contacto en cada unha das variedades implicadas. No plano sociocultural, tense en conta primordialmente a observación da evolución do bilingüismo social e individual, así como o estudo do proceso de substitución lingüística; no plano lingüístico, analízanse as consecuencias léxicas e estruturais do contacto, recorrendo aos conceptos de interferencia e de préstamo lingüístico, e considerando a evolución formal das variedades en contacto: fenómenos de simplificación, de perda, de converxencia, de nivelación dialectal, de relexicalización, etc.
-
punto de contacto
[MAT]
Punto común a dúas curvas no que estas teñen a mesma tanxente. Este contacto M é de orde n se se dan dous puntos P e P’ infinitamente próximos a M, un sobre cada curva, de xeito que a distancia PP’ sexa un infinitésimo de orde n+1 respecto do arco MP e da corda MP.