contaxio

contaxio

(

  1. s m [MED]

    Transmisión dunha enfermidade infecciosa dun individuo doente a outro individuo san. O contaxio pode ser directo, cando se produce por contacto entre o individuo infectado e o individuo receptor, ou indirecto, se se efectúa a través dun medio, dun obxecto, etc, que estivo en contacto cun individuo infectado. Os contaxios indirectos máis comúns son os que se realizan a través do aire, da auga, de alimentos ou de artrópodos.

    Ex: O contaxio de sarampelo afectou a máis de vinte persoas.

  2. s m

    Transmisión de costumes ou hábitos dunha persoa a outra.

    Ex: O seu optimismo favorece o contaxio da ledicia entre os seus amigos.

  3. s m [LING]

    Fenómeno polo que unha unidade lingüística de calquera nivel adquire un trazo que non é de seu a causa dunha analoxía con outra unidade. O contaxio pode afectar a distintos planos e distínguense os seguintes tipos: contaxio fonético (

    Ex: ancho, nasalización da vogal en contacto con nasal e palatalización da nasal en contacto con palatal [‘ã?tÙ?o]; contaxio morfolóxico (Ex: *reises, por reis) ou morfosintáctico (Ex: A xente berraron si, en lugar de A xente berrou si, a causa do sentido colectivo do suxeito da oración, que modifica as relacións sintácticas do verbo); e contaxio semántico (Ex: indíxena, moitas veces identifícase con ‘salvaxe’).

  4. s m [PSIC]

    Proceso espontáneo de carácter emocional mediante o que unha colectividade de persoas está dominada polo mesmo estado afectivo.