contencioso -sa

contencioso -sa

(< lat contentiōsu)

  1. adx e s [DER]

    Aplícase a todo aquilo que pode ser discutido diante dun xuíz ou á forma en que se litiga.

  2. adx e s [DER]

    Aplícase aos asuntos sometidos ás decisións dos tribunais en forma de litixio, en contraposición aos actos gobernativos e aos actos de xurisdición voluntaria.

  3. contencioso administrativo [DER]

    Proceso seguido contra os actos e as resolucións que poñen fin á vía administrativa, ditado polas administración públicas no exercicio das súas actividades. Presúmese que existe unha violación do ordenamento xurídico e lesións aos dereitos ou intereses lexítimos de particulares. Tamén se denomina recurso.

  4. xurisdición contencioso-administrativa [DER]

    Conxunto de órganos do poder xudicial aos que se lles atribúen o coñecemento das pretensións que se deduzan en relación coas actuacións das administracións públicas suxeitas ao dereito administrativo; das disposicións normativas de rango inferior á lei; e dos decretos lexislativos cando excedan dos límites da delegación.

Palabras veciñas

Contenau, Georges | 1 contención | 2 contención | contencioso -sa | contenda | contendente | contender