contento -ta

contento -ta

(< lat contentu, p p decontinēre ‘conter, reprimir’)

  1. adx

    Que sente alegría por algo.

    Ex: Está moi contenta porque tivo moitos regalos.

    Sinónimos: alegre. Antónimos: triste.
  2. adx

    Que está satisfeito ou de acordo con algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Tan contento está o pastor coma o rei ou o gran señor”.

    Ex: Está moi contento co seu novo traballo. Quedou contenta coa súa actuación musical.

    Sinónimos: conforme.

Palabras veciñas

contentadizo -za | contentamento | contentar | contento -ta | conter | contera* | conterráneo -a